top of page

Lois Lane contra a masculinidade intrusiva

  • Foto del escritor: edu maroño
    edu maroño
  • 21 nov 2020
  • 4 Min. de lectura


Tienes una hijita. Una niña adorable y preciosa que te quiere de un modo que jamás hubieras imaginado. Recuerdo que su pequeña manita cabía dentro de la mía. Le encantaba sentarse en mis rodillas apoyando su cabecita en mi pecho. Decía que yo era su héroe.


Después llega un día en que quiere perforarse las orejas y que la dejes una manzana antes de llegar al cine. A la que te descuidas lleva sombra de ojos y tacones. Desde ese momento vives en un continuo estado de pánico. Te preocupa que salga con chicos que no le convienen, la clase de chicos que sólo quieren una cosa. Y tú sabes exactamente qué cosa es esa porque es lo mismo que tú querías cuando tenías su edad.


Luego, cuando ha crecido un poco más, deja de preocuparte que salga con el chico equivocado y empiezas a preocuparte porque sale con el chico adecuado. Y ese es el peor miedo de todos porque entonces la pierdes. Antes de darte cuenta estás sentado en una casa vacía con el esmoquin lleno de granos de arroz y preguntándote qué le ha pasado a tu vida.”


O anterior é parte do monólogo que abre O pai da noiva (1991), película protagonizada por Steve Martin que actualizaba o clásico homónimo dirixido por Vincente Minelli en 1950. A idea central da fita, perfectamente encapsulada neste inciso inicial, é a frustración dun pai ao constatar que a súa filla deixou de ser unha nena para se converter nunha muller que pode decidir libremente sobre a súa vida. Daddy issues, ensaio recentemente publicado en castelán por Alpha Decay no que a historiadora británica Katherine Angel analiza a problemática caracterización da figura paterna en numerosas ficcións contemporáneas, recolle este monólogo coma paradigma dunha forma nociva de afectividade na que o pai se nega a recoñecer a súa filla como adulta, interpreta a súa independencia sentimental e sexual coma a súa propia decadencia e executa unha serie de comportamentos intrusivos e controladores cara ela e abertamente agresivos co futuro xenro.


Son incontables as comedias construídas sobre a rivalidade insá entre sogros e xenros. A tendencia nelas é a de mostrar este xeito de entender a paternidade coma esaxerado e a de utilizar eses excesos para desencadear o efecto cómico, mais en ningún momento se nos presenta coma patolóxico ou censurable ao contar coa coartada máis nobre e poderosa: o amor. O comportamento celoso, caprichoso, sobreprotector e narcisista do pai xustifícase porque quere moito a súa filla. É unha mostra de cariño. Deste xeito, produtos amables e aparentemente tan inofensivos coma unha comedia familiar contribúen a normalizar modelos de afectividade tan lesivos coma as relacións tóxicas de parella, estas si, merecidamente estigmatizadas pola sociedade.



Para decatármonos de ata que punto está estendido este estereotipo podemos reparar na nova serie limitada de Lois Lane, titulada Enemy of the People, cuxo capítulo #6 resume a relación da célebre reporteira e eterna noiva (agora esposa) de Superman co seu pai, e que segue sen apenas desvíos o itinerario marcado polo monólogo de Steve Martin. Nunha primeira escena extraída da adolescencia da xornalista, o pai pídelle explicacións cando chega a casa despois dunha noite de festa. A acusación que fai (“desfasaches cos teus amigos?”) revela o seu temor fronte unha sexualidade incipiente. Ante a resposta desafiante dela (faille o saúdo militar) recorre ao comodín emocional: “pregúntocho porque son o teu pai e me preocupo por ti. Porque te quero.” Na seguinte escena, o pai da reporteira mostra o seu desgusto porque a súa filla, xa adulta, ten unha relación co Home de Aceiro. Coma o pai da noiva, o Coronel Lane deixa de preocuparse polas malas compañías e comeza a preocuparse polas boas.


Lois Lane: Enemy of the People responde ao propósito de sincronizar a personaxe da célebre reporteira co ethos actual o que, en termos argumentais, se traduce na procura dun espazo de independencia fronte a intrusión do seu pai, pero tamén e especialmente da súa parella. E a súa parella non é outro que o ser máis poderoso do planeta, unha criatura case divina que pode tela vixiada sen necesidade de estar presente. Superman pode supercontrolar a súa parella e por iso a xornalista tenta interpoñer barreiras: ocúltalle as súas investigacións, esíxelle que se manteña á marxe e establece unha alianza alternativa coa ex-policía Renee Montoya. Que sexa unha muller latina e lesbiana quen poña o músculo ten moito de declaración de intencións, tanto por parte da personaxe coma do escritor da serie, Greg Rucka. Creador dun bo feixe de strong female characters (Whiteout, Felon, Queen & Country...) cando aínda non eran tendencia, ao californiano non pode negárselle unha honesta preocupación pola representación feminina no cómic comercial norteamericano. Entre os mellores momentos da súa carreira atopamos a redefinición da personaxe de Montoya na serie Gotham Central nos primeiros 2000.


Rucka reimaxina agora a Lois Lane coma figura progresista que persegue a corrupción do goberno e denuncia os abusos contra a poboación inmigrante, e achega aínda un outro argumento a prol dunha personalidade irreconciliable co control social: a súa fascinante vida amorosa. Felizmente casada con Clark Kent, é notorio para a opinión pública o seu entendemento con Superman. Que tipo de relación a tres bandas é esta? Infidelidade, ménage a tròis, poliamor? A reporteira non dá explicacións pero tampouco se agocha. Os lectores sabemos a verdade pero, como a propia xornalista repite en varias ocasións, a xente non quere saber a verdade, quere que lle deas a razón.

*ANGEL, K. Daddy issues. Un análisis sobre la figura del padre en la cultura contemporánea. Alpha Decay, Madrid, 2020.

*RUCKA, G., PERKINS, M. et al. Lois Lane: Enemy of the People #1-12. DC Comics, 2019-2020.


Imaxe 1: Lois Lane #1 por Mike Perkins e Paul Mounts.

Imaxe 2: Lois Lane #6 por Mike Perkins e Gabe Eltaeb.

Comentarios


Join my mailing list

Thanks for submitting!

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

bottom of page